
ÉXITOS
Curso 2019/2020:
No curso pasado 2019-2020 seguimos traballando a importancia do coidado do medio
ambiente dende a nosa casa e é por iso que
1. Pasamos a formar parte da Don Bosco Green Alliance que supón un proxecto ecolóxico internacional dos Coles Salesianos!! Deste xeito, cambiamos de nome e pasamos a chamarnos BoscoGreen.
2. No primeiro trimestre desenvolvimos o proxecto que deu lugar á “Política medioambiental” do noso Colexio.
3. En febreiro de 2020 fixemos o noso Desfile de Moda Sustentable, no que presentamos os deseñosde roupa e complementos con materiais plásticos e de refugallo que van ao contedor amarelo (tetra-bricks, envases, etc.) que elaboraron o alumnado de 3o ESO.
Ademais Paula Vicente, antiga alumna do Colexio, e deseñadora en formación, presentou a súa primeira colección de roupa feita con estes mesmos materiais. Foi todo un éxito!
O venres 7 de febreiro, conseguimos encher o teatro, e axudamos na tarefa de tomar conciencia da problemática no uso dos plásticos nas nosas vidas así como de poñer en valor as zonas verdes da nosa cidade. Ao evento acudiron a Alcaldesa da cidade,
Inés Rey, e a Concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, que nos felicitaron polo noso bo traballo.
Fomos portada nos xornais (La opinión, La opinión edición on-line, La voz de Galicia,...) da cidade e na páxina web do Concello de A Coruña, o dia seguinte, e nos convidaron a contar a experiencia ao programa de Radio Voz “Voces de A Coruña” .
4. Dende Infantil, propuxeron o proxecto da “Horta” para traballar co alumnado deste Ciclo o coidado e cultivo da terra, que se viu truncado polo confinamento de marzo de 2020.
Curso 2018/2019:
Xa incluímos a educación mediambiental dentro dos nosos currículos levando a cabo o proxecto EcoBosCoru.
Este proxecto tivo moitísimo éxito. Os alumnos/as colaboraron e participaron en tódalas actividades que se propuxeron con entusiasmo e moitos deles están xa moi concienciados coa importancia de coidar o noso fogar, a nosa casa. Dende o Concello da Coruña recibimos as felicitacións, por parte da entón Concelleira de Medio Ambiente, polo traballo que estabamos a realizar.
