PARA QUE?
Dende BoscoGreen buscamos poñer en valor a política medioambiental do noso centro. A política ambiental do Colexio pretende explicitar a forma coa que nos relacionamos desde o centro educativo co medio ambiente, os recursos naturais e a sociedade.
Desde a Comunidade Educativo-Pastoral do Colexio Salesiano comprometémonos a minimizar no posible todo impacto ambiental así como os residuos xerados, e apostamos pola reutilización e a reciclaxe dos materiais.
En base a todo iso, os membros que formamos a Comunidade Educativo Pastoral propoñemos os seguintes dous obxectivos:
🍁 Tomar conciencia da importancia de respectar o medio ambiente a partir das actuacións e decisións que tomamos no noso día a día.
🍁 Actuar consecuentemente modificando os nosos hábitos diarios para alcanzar así un maior respecto ambiental.
Podes descargar a nosa política ambiental completa dende aquí.
Comprometémonos a cumprila e a aplicar no noso día a día académico os seguintes principios de desenvolvemento sustentable para un crecemento económico limpo e ecolóxico:
🍁 Principio de responsabilidade ambiental: todos e todas debemos ser conscientes das nosas actuacións e de que podemos mellorar a nosa contorna.
🍁 Principio de prevención: evitamos desastres ecolóxicos a partir das nosas actuacións diarias responsables.
🍁 Principio de substitución: tratamos de evitar o uso de substancias perigosas por outras menos contaminantes, ademais de aplicar bos prácticas de consumo enerxético que leven ao aforro e á eficiencia enerxética.
🍁 Principio de coherencia: as nosas actuacións do día a día reflicten o espírito ambiental do Colexio que buscamos conseguir.
🍁 Principio de cooperación: só a través da colaboración e a concienciación colectiva será posible alcanzar os obxectivos ambientais marcados.