top of page

GALEGO

AS MACROGRANXAS

Nos cursos 1º e 2º de ESO na materia Lingua e Literatura Galegas proponse a realización voluntaria dun traballo sobre as macrogranxas. Este traballo terá repercusión na nota final da 3ª avaliación. Como punto de partida visualízase un dos seguintes vídeos durante a clase: La decisión de Noviercas:

https://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/decisionnoviercas/5838745/ Rebelión por la macrogranxa:

https://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanalmacrogranjas-punto-mira/5360636/

Despois da visualización do vídeo comentarase este cos alumnos e explicarase como debe ser o traballo a realizar. Os enlaces destes vídeos están á súa disposición na tarefa creada en Classroom. Despois de corrixidos e puntuados os traballos, farase na clase un comentario xeral sobre os mesmos e proporase a exposición, sempre voluntaria, dos mellor puntuados.

​

3º e 4º ESO: Os alumnos de 3º e 4º da ESO estiveron vendo a curtametraxe “Mariñeiro” dirixida por Juan Galiñanes (dispoñible en aberto na seguinte dirección: https://vimeo.com/254312213) onde se trata a problemática da sobreexplotación pesqueira en Galicia e a contaminación dos mares. Despois fixeron un amplo debate sobre o tema.

​

2º BTO: Nun dos exames de galego en 2º Bacharelato apareceu un texto sobre a óptica ecoloxista dun anuncio de cerveza, e no comentario de texto tiñan que reflexionar arredor da relación entre ecoloxismo e mocidade. Tamén nos exames se pode ter presente o coidado medioambiental!!!

Aquí vos deixamos o texto e tamén a pregunta do exame!!

​

Se outrora era polo Nadal cando agardabamos pacientemente o anuncio televisado dunha famosa bebida espumosa catalá, agora é no verán cando outra empresa (tamén catalá e de bebidas espumosas) sorprende pola orixinalidade audiovisual da súa publicidade. O equipo creativo desta cervexeira atopou no ecoloxismo a inspiración precisa para conectar cunha clientela cada vez máis concienciada sobre a necesidade de mudar o mundo sen renunciar a algo tan banal como é o refrescarse cos tragos dunha bebida alcohólica durante o estío. Nesta campaña publicitaria, composta polo momento de tres actos, apréciase unha interesante evolución: se o primeiro anuncio (titulado ‘Alma’) xiraba arredor das consecuencias terribles da contaminación dos océanos e mares, o segundo (titulado ‘Amantes’) evoluciona cara ao activismo para rematar cun terceiro (titulado ‘Compromiso’) centrado na necesidade de exercer a resistencia. En ningún destes anuncios, como é lóxico, hai referencia algunha á catástrofe medioambiental que tamén implica a Covid19. Quizais haberá que esperar a un cuarto acto para isto. Cando xa estabamos case concienciadas sobre a importancia de deixar de utilizar plásticos dun so uso, volvemos consumir dun xeito case compulsivo cubrebocas e luvas de plástico sen remordemento algún a causa dalgo tan humano como é o medo á morte. A nosa é unha sociedade condenada a ser recordada xa non polos restos arqueolóxicos que atoparán xeracións futuras, senón polo lixo, ciscallos e contaminación que, por unha causa ou outra, deixamos ao noso paso.

 

Fragmento de "Ecoloxismo", artigo de María Alonso na revista Tempos Novos (https://temposdixital.gal/opinion/ecoloxismo/)

 

 

PREGUNTA 3. Produción textual.

Redacta un texto no que expreses a túa opinión sobre a relación entre mocidade e ecoloxismo na actualidade. (Extensión aprox. 200-250 palabras). (2,5 puntos)

Logo Salesianos_Horizontal_0.webp
bottom of page